Ultimas novidades

Poñéndonos ao día...

Tardamos en poñernos ao día, por sorte, porque non paramos ;) Paula Pier na película de Olga Osorio. Mercedes Castro de xira coas "Cigarreiras" tivo tempo de participar na película "O tirabeque". Marita Martínez non para cos seus espectáculos de Impro trala temporada de "Maloserá". Violeta Marchena, a miña gaditana, estivo con Calparsoro en "Todos los nombres de Dios". Sabela Hermida ven de ter un ano espectacular entre a película de "O tirabeque" e a súa encarnación de María Casares, tanto nos escenarios coma na súa faceta de escritora. Na 2ª temporada de Marea Negra estiveron: Miro Magariños (que vai agora a Madrid cun interesante proxecto) Luis Vivanco, Xoque Carbajal e Jorge de Arcos. En Rapa, Alberto da Sinda (que tamén estivera hai pouco en "Mano de hierro") e Axel Fernández (que se está a convertir nun excelente actor de dobraxe, tamén ;) Campanella veu por terras galaicas a rodar "Los enviados" e por alí estiveron: Pedro Picos, Fernando Morán (que pronto retomará a 2ª temporada de "Saudade de ti!"), Xavier Pan e David Alonso. Alfonso Míguez ten pendente de estrea a longametraxe "La Parra", onde é o protagonista. E Lucía Veiga non para un minuto entre o "Malicia Noticias", unha película en Croacia e outra un pouco máis preto: As Neves. De Sonia Méndez. Xabier Deive andivo pola serie "O reencontro" e as longametraxes "Fatum", "Justicia Artificial" e "As Neves". Veña! Imos a por este ano que xa empieza movidiño!

Ver todas a novidades